Too Cool for Internet Explorer

Descarga sorpresa

My diet pill

A maioría das descargas sorpresa veñen en forma de porno, virus ou arquivos con contrasinal, pero desta a volta a descarga sorpresa veu en forma de disco extra.
Xunto coa descarga do último disco de Franz Ferdinand, You could have it so much better, viña unha mostra de mp3 dun grupo chamado My diet pill (tres do seu primeiro disco, First Album e catro do segundo, Second Album), que atoparon nos programas p2p e no último disco do grupo do momento a ocasión ideal para promociona-la súa música.

My diet pill é un grupo de pop-rock tranquilo con algún ramalazo de garaxe. As súas letras falan do discorrer da vida, de mulleres, amor (como non)… nada orixinal pero ben construidas e coidadas. Por algún lado din que teñen influencias do pop indi de Berkeley, Pixies, Pearl Jam… Xa sabedes que eu son moi malo con isto das influencias.

Como vedes as cousas da música están cambiando, inda que algúns no se queiran enterar.

Foto de François Praneuf

Deluxe de luxo

Deluxe

O concerto de onte de Deluxe na Sala Capitol colmou as miñas expectativas.
Xoel López e o seu grupo fixeron un repaso ó seu último disco, Los jóvenes mueren antes de tiempo, ademáis dun feixe das súas mellores cancións dos seus dous traballos anteriores.

A sintonía co público foi total dende a primeira canción. Xoel e os seus disfrutaron. Non querían deixa-lo escenario porque o estaba a pasar ben. Nós tampouco queriamos que o deixaran.

Xoel fixo unha vez máis gala da súa voz prodixiosa e do seu gusto por todo tipo de boa música facendo pequenas modificacións das versións dos discos.

Bises a gusto de todos e ata preguntou que canción queriamos que tocara. A metade máis un do público pedíu Perlas ensangrentadas de Alaska y Dinarama. Eu nunca llo oira, pero ó parecer é un “clásico” de Xoel. Unha gozada.

A sala non estaba nin moito menos chea de todo, pero tiña unha boa entrada. Botei de menos uns teloneiros, algún grupo da cidade ou algo. Pero tampouco nos podemos queixar.

Os posts que non foron (I)

Isto de escribir unha bitácora ten o seu aquel. Ás veces tes moitos temas sobre os que escribir pero moitas veces non atopa-lo momento para face-lo ou non atopa-las palabras ou simplemente non che peta escribir.
Por iso nesta sección nomeo as cousas das que quixen escribir máis extensamente pero ó final non o fixen.

  • A futura unión dos messenger de MSN e Yahoo! que vin en El Navegante
  • A vestimenta da Selección Galega de Futbol que vin en Vieiros
  • A nova etapa do Project RockStar.
  • Resumo do lido (I)

  • O móbil do futuro terá forma de brazalete. Vía Capítulo 0
  • Blogaliza xa está de volta. Vía Capítulo 0
  • Festival de Sitges 05, do 9 ó 18 de outubro. Vía CINEMA FRIKI e El blog Ausente.
  • Día Internacional contra a pena de morte

    DSC_0040_0039

    Forca no campo de concentración nazi de Natzweiler-Struthof

    Mataremos a todo-los que maten para ensinar que non se debe matar

    Esta é a ilóxica lóxica da pena de morte.

    Segundo os dados de Amnistía Internacional no ano 2004 foron executados 3.797 persoas por diferente estados:China (3.400 execucións coñecidas), Irán (159 execucións coñecidas), Vietnam (64 execucións coñecidas) e Estados Unidos de América (59 persoas)
    A esto hai que sumarlle as penas de morte non realizadas por estados, senon por grupos terroristas, guerrillas, mafias, grupos violentos, etc. Incontábeis.

    Ollo por ollo e quedaremos todos cegos. (Ghandi)

    Dados de Amnistía Internacional, foto tirada da web Photos of Natzweiler-Struthof Nazi concentration camp in Alsace, France

    Outono

    Chan mollado

    Agora si que si. Chegou o outono e a chuvia de verdade.

    Botabao de menos. Oindo chover con ganas sentín unha felicidade que éme difícil de explicar.

    Qué diferente é a chuvia aquí e en Guatemala.

    ¡Chove!

    ¡Chove que chove, Maruxa!

    Xa era hora. Por fin está chovendo. Espero que sexa por moito tempo. Xa o botaba de menos.

    Ese olor. Camiñar baixo a choiva pola Zona Vella. Chegar a casa mollado coma un pito, muda-la roupa e tomar algo ben quente. Son praceres que hai que saber disfrutar.

    Volve a chover en Galicia. Que sexa por moito tempo.

    editado Foi un espellismo. Só choveu durante un par de minutos. Pero din que mañá vai volver chover, esperemos que esta vez en serio.

    Feito a eito!

    Xa está feita a mudanza.

    Despois de toda unha tarde lendo bitácoras dacabalo entre Bloglines e o novísimo Google Reader e comer patacas fritidas en calzóns vendo El Chapulín Colorado e Arriba e Abaixo en Popular TV decidín pasar á acción mudando a bitácora. Blogia quedouseme algo pequena.

    Así que aquí tedes a versión 3.0 de mediapinta despois do meu curto periplo por Blogger (mediapinta v. 0.2) e a etapa de Blogia (mediapinta v. 2. 6), cos seus altibaixos.

    A ver se dou mantido un bo ritmo de actualización.

    Sentídevos coma na casa.