Too Cool for Internet Explorer

Deluxe de luxo

Deluxe

O concerto de onte de Deluxe na Sala Capitol colmou as miñas expectativas.
Xoel López e o seu grupo fixeron un repaso ó seu último disco, Los jóvenes mueren antes de tiempo, ademáis dun feixe das súas mellores cancións dos seus dous traballos anteriores.

A sintonía co público foi total dende a primeira canción. Xoel e os seus disfrutaron. Non querían deixa-lo escenario porque o estaba a pasar ben. Nós tampouco queriamos que o deixaran.

Xoel fixo unha vez máis gala da súa voz prodixiosa e do seu gusto por todo tipo de boa música facendo pequenas modificacións das versións dos discos.

Bises a gusto de todos e ata preguntou que canción queriamos que tocara. A metade máis un do público pedíu Perlas ensangrentadas de Alaska y Dinarama. Eu nunca llo oira, pero ó parecer é un “clásico” de Xoel. Unha gozada.

A sala non estaba nin moito menos chea de todo, pero tiña unha boa entrada. Botei de menos uns teloneiros, algún grupo da cidade ou algo. Pero tampouco nos podemos queixar.

Os posts que non foron (I)

Isto de escribir unha bitácora ten o seu aquel. Ás veces tes moitos temas sobre os que escribir pero moitas veces non atopa-lo momento para face-lo ou non atopa-las palabras ou simplemente non che peta escribir.
Por iso nesta sección nomeo as cousas das que quixen escribir máis extensamente pero ó final non o fixen.

  • A futura unión dos messenger de MSN e Yahoo! que vin en El Navegante
  • A vestimenta da Selección Galega de Futbol que vin en Vieiros
  • A nova etapa do Project RockStar.