Deluxe de luxo

O concerto de onte de Deluxe na Sala Capitol colmou as miñas expectativas.
Xoel López e o seu grupo fixeron un repaso ó seu último disco, Los jóvenes mueren antes de tiempo, ademáis dun feixe das súas mellores cancións dos seus dous traballos anteriores.
A sintonía co público foi total dende a primeira canción. Xoel e os seus disfrutaron. Non querían deixa-lo escenario porque o estaba a pasar ben. Nós tampouco queriamos que o deixaran.
Xoel fixo unha vez máis gala da súa voz prodixiosa e do seu gusto por todo tipo de boa música facendo pequenas modificacións das versións dos discos.
Bises a gusto de todos e ata preguntou que canción queriamos que tocara. A metade máis un do público pedíu Perlas ensangrentadas de Alaska y Dinarama. Eu nunca llo oira, pero ó parecer é un “clásico” de Xoel. Unha gozada.
A sala non estaba nin moito menos chea de todo, pero tiña unha boa entrada. Botei de menos uns teloneiros, algún grupo da cidade ou algo. Pero tampouco nos podemos queixar.























¿”Voz prodixiosa”?
Ehem!
La de “Perlas Ensangrentadas” la tocó también con Sexy Sadie en un homenaje a Carlos Berlanga. Si buscas seguro que encuentras el mp3 por ahí en alguna página del Contempopranea.
Comment by Pol — 17 October, 2005 @ 1:49 am
¿Qué significa “¿Voz prodixiosa?”?
Unha pena que non estiveras para iluminarme cos teus coñecementos musicais (non é coña) ;)
Xa teño ese mp3 que dis ;)
Comment by ifrit — 17 October, 2005 @ 10:25 am
Xa, xa.
Lo de “voz prodixiosa” quería preguntarlo yo, porque no creo que se pueda decir eso de Xoel, o eso creo yo al menos.
Y si quieres una recomendación escucha ‘Giant Steps’ de los Boo Radleys, desde que Manuel me dejó el disco no dejo de escucharlos…
Comment by Pol — 17 October, 2005 @ 11:49 pm
Vale, ó mellor é un pouco esaxerado o adxectivo, pero escribino despois do concerto e…
Poida que Xoel non teña unha voz prodixiosa pero sí que a sabe usar ben dando distintos tonos, algúns ben agudos.
E agora mesmo a mula está recibindo as ordes.
As miñas últimas descargas: discografía completa de La Costa Brava, discografía quasi completa de Doctor Explosión, discografía completa de Ivy y los últimos de Franz Ferdinand, Arcade Fire y The Corrs.
“Esquelético” que es uno…
Comment by ifrit — 17 October, 2005 @ 11:55 pm
¿Qué tal Arcade Fire? He oído bastantes cosas buenas de ellos…
Comment by Pol — 18 October, 2005 @ 10:53 am
Pois Arcade Fire non están mal, inda que a min non me chistan de todo…
Soanme a algo pero non sei dicir a qué… É un grupo desatado, cunha voz peculiar e arranxos de piano e violín. Teñen un par de cancións que si que me gustan, pero non me chaman a baixarme a súa discografía completa…
Comment by ifrit — 18 October, 2005 @ 12:03 pm