Por se non o sabíades son un desastre. Cando teño tempo para escribir non teño nada que contar, cando fago cousas “interesantes” non teño tempo para escribilas.
Aquí vai un resumo para vos por ó día.
Fai dous xoves cea relax con Mariño, Israel, María e Ibama, na casa desta última. De convidado especial o Luís, que estivo en visita lóstrego recén chegado da súa viaxe americana por Nova Iorke, Philadelphia e Boston.
Recordando vellos tempos na movida universitaria ata unha hora prudente (ter coche ten estas cousas) e logo intercambiando música na miña casa ata as tantas. Curto pero intenso.
O único que me gustou do último que está a escoitar Luís foi a canción Annabel Lee dos Cruxshadows e o grupo Splashdown.
Fai dous venres partida e birras
O anterior sábado zombis e pouca cousa máis
E o outro domingo a recolle-lo Pablo recén chegado da súa aventura ianqui. Un malentendido fixo que os pais non o foran recoller e se non é por nós, os seus amigos, non sei que sería del.
O luns empecei o curso de Contaplus na Faculdade de Económicas e Ciencias Empresariais. Non pasaba por alí dende os tempos da L.O.U.. Teñen unha planta enteira chea de aulas con ordenadores.
Po-la tarde O mundo de Leland en Cineuropa.
O martes estivo ben completo. Cruzando a ponte e Ó pé da letra en Cineuropa e po-la noite Carlos Blanco na Casa das Crechas. Xenial. Cada vez que penso que o ano que se presentou a El Club de la Comedia gañou Eva Hache peor me cae a tipa esa.
O mércores era o último día de Cineuropa e o día do maratón, demasiado para o meu canso corpo e o ritmo que levo. Ademáis tería que ter ido só. Así que, mércores día de descanso.
E chegou o xoves. Curso e o resto do día e parte do serán na asociación á voltas ca humidade e a xunta directiva.
E po-la noite, superado o jet lag, Pablo estaba listo para volver disfrutar da xolda compostelá. E abofé que o fixo. O seu satrapado segue medrando, non hai quen o pare. Eu retireime pronto que ó día seguinte tiña que levar ós meus pais á estación ás nove da mañá. Non vexades a gracia que me fixo.
E Mariño retirouse moito antes para porse a punto nos últimos preparativos da súa transformación a negro (persoa de cor) Inda non vimos o resultado.
O venres levei ós meus pais á estación e volvín para meterme na cama. E po-la noite partida e birras. Todo un clásico. Pablo non veu, inda estaba de resaca.
O sábado o concerto do ano en Santiago (na seguinte entrada) e despois a ve-las fotos do Pablo nas américas. Estánche tolos estes ianquis.
E agora xa estades ó día de todo o que pasou nesta serie de irregular periodicidade e caótico argumento. Sigan atentos ós seus receptores que nunca se sabe cando podo volver informar.
The URI to TrackBack this entry is: http://mediapinta.blogsome.com/2005/12/05/en-capitulos-anteriores/trackback/
No comments yet.
RSS feed for comments on this post.
Line and paragraph breaks automatic, e-mail address never displayed, HTML allowed: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <code> <em> <i> <strike> <strong>