Too Cool for Internet Explorer

O concerto do ano en Santiago

Salif keita

O luns vin o primeiro cartace deste concerto e estiben durante uns intres cabilando se sería verdade o que estaba vendo. O martes merquei a entrada por internet, un regalo perfecto para o meu cumpreanos.

Salif Keita é unha lenda viva da música africana e das músicas do mundo. Inventor do termo afro-pop, este albino mandinga malinés volveu a Santiago quince anos despois para apresenta-lo seu último álbum, M’bemba.
Salif Keita é todo unha personalidade niso de mesturar ritmos modernos coas más ancestrais tradicións musicais e no concerto do Auditorio deu boa conta de todo iso. Xa dende o principio deixou claro que ía ser un concerto particular. Despois dunha primeira canción de quencemento empezou a segunda, pero nun par de compases parou ós seus músicos e dirixiuse ó publico: “Coidaba que a vós, os españois, vos gustaba bailar… ¡Veña, arriba todo o mundo! ¡Erguédevos!.” E foi a primeira vez que vin un concerto no Auditorio de Galicia no que o público estivo bailando durante todo o tempo. Xenial o poderío e o magnetismo do que chaman “a voz de veludo”.
O seu grupo é tamén reflexo da súa música. Baixos e guitarras eléctricas conviven á perfección con instrumentos de percusión e de corda tradicionais africanos, ademáis de dúas coristas-bailarinas que non pararon en todo o concerto de moverse. Ao fronte desta formación Salif Keita vestido cunha sorte de pixama de hospital azul que tampouco deixou de bailar e de moverse. Tan só houbo un respiro no momento en que interpretou tres temas sentado nunha cadeira e acompañado da súa guitarra española.
E o público respondeu*. Agolpada na primeira fila a xente posta en pé brincaba ó son da música, aplaudía, daba berros e calquera outra forma de expresión básica que é común a tóda-las culturas. E chegaron os bises no medio dun griterio e do estrondo provocando por alguén (ejem!) que empezou a bater no chan facendo efecto dominó. Os bises forón incribeis e para o último tema Salif Keita empezou a coller xente das mans e a subilas ó escenario con el.

E co escenario do Auditoria de Galicia cheo de xente bailando posuida po-la música rematou un ano máis o ciclo de Sons da diversidade que un ano máis trouxo boa música á cidade cuns prezos e un escenario inmellorabeis. Noraboa ós organizadores, á Concellaría de Cultura e á produtora Nordesía.

*¿Todos? Non. Tres nenos de entre 8 e 12 anos xogaban ós xogos dos seus móbiles dende a primeira canción. Seu pai levounos ó concerto, pouco máis podía facer. Pode que cando sexan maiores se arrepintan de non ter disfrutado deste xenial músico.

Comments »

The URI to TrackBack this entry is: http://mediapinta.blogsome.com/2005/12/05/o-concerto-do-ano-en-santiago/trackback/

No comments yet.

RSS feed for comments on this post.

Leave a comment

Line and paragraph breaks automatic, e-mail address never displayed, HTML allowed: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <code> <em> <i> <strike> <strong>