Eu e a velocidade
Nos últimos desprazamentos realizados co Josumóbil teño observado algúns comportamentos na miña conducción non de todo recomendabeis.
Gústame pisarlle, cambiar rápido de marchas pero apurando, busca-lo oco onde non o hai (a esto axudan as reducidas dimensións do meu bólido) e outras lindezas.
Escaravellando no meu subconsciente coido que atopei parte da miña teima por ter sempre o pé no acelerador e prácticamente ignora-lo freo.
Todo ven dos primeiros videoxogos de coches nos que a penas había que preme-lo botón de frear, todo era acelerar e toma-las curvas. Como moito decelerar.
Os xogos que recordo así a bote pronto:

Out Run

Big Foot (non era de correr, per sí de esnaquizar coches)

Dayton USA (para a Sega Saturn)

¡E case esquezo o inigualábel Super Mario Kart da SNES!
Xogos nos que o claxon era un elemento festivo.
As novas xeracións de consolas trouxeron novos xogos de coches, máis completos e máis reais. Con cambio de marchas, freos, derrapes, modelos reais, etc. Xogos como a saga Gran Turismo ou a de Need for Speed, nos que toda a emoción consiste en dar (moitas) voltas a un circuito montado en coches de luxo.
Pero as novas xeracións de consolas tamén trouxeron xogos de coches totalmente descerebrados e irresponsabeis.

O Burnout 3. Takedown. No que deberás botar da estrada ós teus opoñentes, causar accidentes múltiples… Sen dúbida o xogo con maior sensación de velocidade.

E o Midnight Club 3. Carreiras de coches nocturnas e ilegais arredor do mundo nas que todo vale para gañar.
Pero sen dúbida algunha os que fixeron maior mal á conducción neste país, e sobre a miña persoa, foron Carlos Sainz e Fernando Alonso.
Este artigo está escrito utilizando o recurso literario do hipérbaton, que consiste en esaxerar as cousas para facelas máis interesantes























Déixalle o coche 5 minutos a meu irmán, e verás como se che quitan as ganas de correr… Quéimalle joma, rapás… A ver se o convencedes para que se anime a coller as rodas. Necesito Chófer Oficial!
Comment by Marcial Vicious — 29 December, 2005 @ 3:48 pm
O teu irmán case non colle no meu coche, pero si que é verdade que tiña que coller máis o coche :D
Comment by ifrit — 29 December, 2005 @ 4:29 pm
pois a ver se te marcas unha viaxe ata Iorque con ese ifritmobil que te jastas!!
Comment by tenshi — 14 January, 2006 @ 2:54 pm
meu, Sorte para o teu Exame!! dalle duro e a ver se a enésima vai a vencida!! acaba con eles!!
Comment by tenshi — 22 January, 2006 @ 3:36 pm