Unha vez máis
E coa recuperación desta entrada casi antiga volvo unha vez máis a intentar retoma-la bitácora.
E así seguimos, porque casi nada cambia. Todo segue bastante desordeado e tirando daquela maneiera. E chove, claro. Chove moito. En Santiago xa son case dúas semanas sen parar.
E para a requete-inauguración un feito deses que amolan a un o día e case que todo o que queda de semana.
Hoxe po-la mañá chamáronme para esta tarde ir facer un test a un empresa de informática, pero a miña mala sorte (cultivada durante anos de non reenviar cadeas de correo) fixo que o móbil quedara sen batería xusto no intre en que me estaban a decir o nome da empresa e o enderezo. Volveron chamar pero inda non me dera tempo de enchufalo.
Así que aquí sigo composto (por non decir outra cousa) sen traballo e sen moza.
Foto de Gallego























abaixo a birras decolocsnseme as vervas…. que ganas de una boa con vos, coa miña xente… LK forever…
Comment by tenshi — 1 April, 2006 @ 1:06 am
Eu tamén boto sair de xolda con vós ;) Xa lle temos encargada unha botella das grandes no Mosquito para cando volvades :)
Comment by ifrit — 1 April, 2006 @ 3:49 pm